EDUCACIÓN E MEDIO AMBIENTE

Os escolares composteláns aprenden a respetar o medio ambiente

18/01/2006 Por quinto ano consecutivo os escolares de Compostela aprenderán a respetar o medio ambiente a través do programa de Educación Ambiental organizado polas concellerías e Educación e Medio Ambiente do Concello de Santiago en colaboración coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA).

Achegar aos máis xóvenes cales son os problemas medio ambientais, conseguir un desenrolo sostible e fomentar a responsabilidade da cidadanía co medio ambiente son algúns dos obxectivos deste programa de Educación Ambiental do que se benefician anualmente preto de 2.000 rapaces a partir dos sete anos de idade.

A concelleira de Medio Ambiente, Marta Álvarez-Santullano, resaltou os bos resultados que ata o momento está a producir esta iniciativa: "que sexa a quinta edición é mostra do éxito deste programa", manifestou na súa presentación.

Os centros escolares interesados nesta iniciativa recibirán o material necesario para traballar cos alumnos a problemática medio ambiental non só no ámbito local senón tamén a escala mundial.

En cada centro impartirase unha charla monográfica sobre temas como os residuos, a auga, a paz e a xustiza social, a biodiversidade, a transformación do medio rural, o cambio climático e a cidade como un ecosistema entre outras materias. Ransés Pérez, representante de ADEGA, explicou que "para contextualizar o explicado en cada charla o colexio poderá elexir entre complementar o ensinado cun obradoiro ou cunha saída".

No marco deste programa atópanse outros dous de carácter monográficos. O programa "Horto Escolar" no que se tratan principalmente temas relacionados co compotaxe e, o "Proxecto Ríos", que se complementa coa visita dos escolares á potabilizadora e á depuradora e aos ríos da cidade para inspeccionar a calidade dos mesmo.

Compartir: