EDUCACIÓN

Chega a Compostela a exposición itinerante "As Portas do Milenio"

18/01/2006 "As Portas do Milenio" é o título da exposición itinerante que chega a Compostela para dar a coñecer os obxectivos establecidos pola ONU para este milenio. A mostra poderá visitarse nas instalacións do centro comercial Área Central dende o mércores 25 de xaneiro ata o sábado 18 de febreiro gracias á colaboración de Cruz Vermella, Unicef, o Centro Comercial de Área Central e o Departamento de Educación e Mocidade do Concello.

A concelleira de Educación, Elvira Cienfuegos, explicou que "esta campaña pretende sensibilizar á poboación en xeral, e aos máis pequenos en particular, sobre a necesidade imperiosa de erradicar a fame, a pobreza e conseguir un acceso universal á educación".

En setembro do ano 2000 celebrouse o Cumio do Milenio no seo das Nacións Unidas en Nova York. Neste cumio asinouse a Declaración do Milenio que comprende a posta en práctica dunha serie de políticas e estratexias para acadar os denominados "Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio" antes do 2015.

Cinco anos máis tarde a situación de pobreza está lonxe de ser resolta. Neste senso o responsable de Unicef en Compostela, Andrés Fariña, considera que "a sociedade vive nun momento de desenrolo económico óptimo e suficiente para cumprir os obxectivos do milenio".

Fariña insistiu "na importancia de sensibilizar á poboación" para que os obxectivos podan cumprirse canto antes e non ter que trasladar esa metas ata o 2045. Unha das vías para rematar coa desigualdade, coa fame e coa pobreza no mundo, "é lograr a máxima escolarización posible xa que sen formación non se poderán erradicar".

Por outra banda, Fidel Martín, representante de Cruz Vermella, explicou a importancia que ten para o logro destes obxectivos que temas como a redución da pobreza se introduzan na axenda política.

A mostra "As Portas do Milenio" está constituída por 16 esculturas que debuxan oito arcos. Cada unha simboliza a un neno con grandes pes anclados nos problemas do mundo, un corazón sensible latindo mensaxes de solidaridade e unha cabeza que, en forma de engranaxe pensante, analiza de xeito intelixente cómo resolver os problemas do mundo. Cada arco representa o diálogo que xurde entre os nenos, un orixinario dun país rico e outro, dun país pobre. Como consecuencia de cada diálogo, nace un obxectivo do Milenio como solución para erradicar a externa pobreza e asegurar un mundo mellor para todos.

Compostela, única cidade galega para "As portas do milenio"
Santiago vai ser a única cidade galega na que se poderá disfrutar dunha que xa pasara por cidades italianas como Milán, Peruggia e Roma. En España poido ser visitada no Forum de Barcelona, en Sevilla, Albacete, Madrid, Salamanca, Córdoba, Zaragoza e Bilbao.

A exposición poderase visitar no recinto do centro comercial Área Central dende o 25 de xaneiro ata o 18 de febreiro. De luns a venres, en horario de 10.00 a 13.00 horas, están programadas a actividades didácticas para os escolares de terceiro ciclo de primaria e primeiro ciclo de ESO.

Compartir: