VISITA DO PAPA BENEDICTO XVi

Plan de Mobilidade e Seguridade Viaria con motivo da visita da Súa Santidade o Papa

02/11/2010 Con motivo da próxima visita da Súa Santidade o Papa Bieito XVI a Santiago de Compostela, constiuíuse unha Comisión Técnica sobre Mobilidade e Seguridade Viaria que integra a representantes do Goberno de España, Xunta de Galicia, Concello de Santiago e Arcebispado, así como aos responsables dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

Esta comisión deseñou un importante dispositivo que pretende conxugar a seguridade de todos os asistentes, o seu desexo de participar nos actos organizados polo Arcebispado de Santiago de Compostela e o normal discorrer da vida cotiá da cidade. Por iso, este dispositivo estará presente en toda a cidade, pero prestará unha atención especial á zona monumental.

O Plan ten como un dos seus principais obxectivos facilitar a mobilidade daquelas persoas que queren participar na visita da Súa Santidade, polo que comprende medidas relacionadas co transporte público, o transporte privado, os movementos pola cidade e o acceso á Praza do Obradoiro e inmediacións, entre outros.

En todo caso, recoméndase o uso de transporte público e a utilización dos múltiples servizos discrecionais de autobuses organizados ao efecto.

ACCESO A SANTIAGO E INMEDIACIÓNS

1.Servicio discrecional de autobuses

Os autobuses discrecionais, es dicir, os que non son de liñas regulares, estarán regulados e canalizados por circuítos xa consensuados pola Gardia Civil de Tráfico e a Policía Local de Santiago. Para o acceso á cidade destes autobuses pídese que empreguen a Saída 67 da AP-9. Nesta ubicación repartiranse os autobuses, en estricta orde de chegada, aos seguintes aparcamentos habilitados:

- Aparcamento nº 1, en SAN LÁZARO, con capacidade para 450 autobuses.
- Aparcamento nº 2, en MONTE DO GOZO, con capacidade para 250 autobuses.
- Aparcamento nº 3, en MERCADO DE GANDO DE AMIO, con capacidade para 500 autobuses.
- Aparcamento nº 4, en ANTIGA ESTRADA DE LUGO, zona Aeroporto, con capacidade para 60 autobuses.

Se fora necesario, estarían a disposición outros espazos para poder ser utilizados como aparcamentos:

Polígono do Tambre, con 500 prazas.
Polígono de Costa Vella, con 100 prazas
Cidade da Cultura e Multiusos, con 100 prazas
Salgueiriños, con 120 prazas

En total habilitaranse 2.080 prazas de aparcamento para autobuses.

As personas que viaxen nestes autocares serán distribuídas nos tramos por onde discurra o percorrido do Papa da seguinte maneira:

- Os ocupantes dos autobuses situados nos aparcamentos nº1 e nº 2 descenderán a pé ata o último tramo de recorrido do Papa, é dicir, dende o monte do Gozo, ata Xoán XXIII pasando por San Marcos, San Lázaro, San Caetano e Rodríguez de Viguri. Estos pasaxeiros tomarán novamente os autobuses no mesmo lugar no que quedaron estacionados.

- Os ocupantes dos autobuses que non caiban nos aparcamentos nº 1 e nº 2 serán distribuídos ao longo da N-634 dende o aeroporto ata San Marcos. É dicir, estas persoas serán as que ocuparán o itinerario do Papa dende San Marcos a Lavacolla. Unha vez deixen aos ocupantes nun punto sinalado pola Garda Civil, os autobuses serán dirixidos cara o aparcamento nº 3 e, unha vez cheo este, ao nº 4, ou ao resto de espazos utilizados a estes efectos como aparcamentos. No sitio onde deixen aos seus viaxeiros, un axente da Gardia Civil de Tráfico proporcionaralle ao conductor a ubicación quilométrica para que, finalizado o percorrido do Papa, poida regresar ao punto exacto onde deixou aos seus viaxeiros.

Unha vez que os autocares entren no circuídto de canalización para os aparcamentos fixados, a Garda Civil de Tráfico abrirá unha ficha a cada autobús, na que consten os datos da empresa, matrícula, nome do condutor, teléfono, procedencia, lugar de aparcamento etc., pasando seguidamente esta información ao ÓRGANO CONXUNTO do Centro de Coordinación CECOR, ao objeto de facilitar ás personas que se extravíen o lugar onde se atopa o seu autocar.

2. Acceso en vehículo particular

A partir das 9:00 h, a Garda Civil restrinxirá o tramo da estrada N-634, utilizada como itinerario do Papa dende o Aeroporto a Santiago. Dende este momento só se permitirá o acceso aos veciños da zona e autobuses.

Ás 10:00 horas cortarase totalmente o tráfico. Os usuarios do aeropuerto terán que acceder ao mesmo pola Autovía A-54.

O acceso de vehículos particulares limitarase cando se cubran os aparcamentos habilitados na zona sur da cidade: Campus Sur, Santa Marta (aparcamento de borde) e A Choupana, e outros espazos que se poidan habilitar oportunamente. Na zona norte habilitaranse as zonas do Polígono do Tambre e Costa Vella, así como Salgueiriños. Haberá autobuses lanzadeira, que se especifican no seguinte punto.

3.Transporte público

Manterase o acceso dos servizos regulares de autobuses á Estación de Autobuses, aínda que pode variar o seu traxecto.

Pola súa parte, Renfe ofrecerá case 13.000 plazas nos trens de Media Distancia o día 6, o que supón un 65% de incremento con respecto ás prazas que normalmente se ofrecen nun sábado.

Entre Ourense e Santiago a empresa ferroviaria programou un tren especial en cada sentido. O tren con orixe en Ourense sairá da estación de Ourense-Empalme ás 9.00 horas e chegará a Santiago ás 11.05. Este tren circulará en dobre composición (536 plazas) e realizará paradas nas estacións de O Carballiño (9.29 horas) e Lalín (10.02). En sentido contrario, o tren especial partirá da estación de Santiago ás 20.45 horas para chegar a Ourense-Empalme ás 22.36. Na viaxe de volta parará tamén en Lalín (21.39) e O Carballiño (22.10).

No Eixo Atlántico Renfe ten previsto duplicar a capacidade de 19 trens de Media Distancia ao longo do sábado, día 6. Todos estes trens teñen como orixe ou destino A Coruña e Vigo.

Ao longo da xornada Renfe reforzará o seu persoal para atender as necesidades dos clientes. As canles de venda de billetes serán as habituais. En Internet (www.renfe.com), en estacións (billeteiras e máquinas de autovenda), en axencias de viaxe e no teléfono 902 320 320.

En canto aos autobuses urbanos, vaise a facilitar un sistema de autobuses lanzadeira que funcionará de forma ininterrumpida dende as 7.00 horas con especial atención ás zonas de aparcamento de vehículos particulares. Así, haberá lanzadeiras dende o Mercado de Amio e o Polígono do Tambre (Vía Edison) ata o aparcamento de borde de Salgueiriños; dende as zonas de aparcamento do sur, aparcamento de Santa Marta e cercanías do Campus Sur (Mestre Mateo), ata a estación de autobuses; e unha terceira lanzadeira específica dende o centro da cidade (rúa Ramón Piñeiro) ata a estación de autobuses.

Reforzarase a liña 7 (Valle Inclán a Aríns pasando por Virxe da Cerca, Praza de Galicia, Castrón D’Ouro, Sar, Aríns e Monte do Gozo) con frecuencias de 20 minutos dende as 7.00 ata as 22.00 horas.

Para más información estará a disposición dos usuarios o número de teléfono de información do transporte urbano 901 12 00 54, así como a páxina web www.tussa.org.

ACCESO Á PRAZA DO OBRADOIRO

Por motivos de seguridade, non se permitirá a pernocta na Praza do Obradoiro, aínda que se facilitará o acceso á xente que queira transitar pola praza a noite anterior. É dicir, non se poderá entrar na praza e ocupar as sillas ata as 8 da mañá do día 6 de novembro.

O acceso á zona de actos será libre, someténdose os asistentes a unha inspección dos seus obxectos personais. Este acceso libre será así ata que se completen as zonas de público (6.000 persoas sentadas), momento no que se pecharán os puntos de entrada, mantendo espazos de seguridade sen público como corredores de seguridade, evacuación, etc.

Todas as persoas que queiran acceder ao Obradoiro ou ás súas inmediacións pasarán dous controis ou filtros de seguridade cunha separación entre eles. Serán como dous cintos, un externo e outro interno, no que se controlará a documentación das persoas e se inspeccionarán os obxectos que porten.

Nesta zona non se permitirá o acceso con mochilas nin vidros, que deberán depositarse en consignas habilitadas. Así, fóra do cinto máis exterior poranse a disposición dúas consignas, no Instituto Rosalía de Castro (rúa Pombal) e no Pavillón Municipal Lorenzo de La Torre (rúa Costa Nova de Abaixo s/n, inmediacións dársena da Avenida Xoán XXIII). Estas se sumaranse á xa existente na Casa do Deán, ao obxecto de que as persoas que queiran participar nos actos que presidirá a Súa Santidade poidan depositar as súas mochilas e paquetes persoais.

PANTALLAS DE VÍDEO

Hai que recordar que, para facilitar a visión de todos os actos, a organización instalará varias pantallas xigantes en diversos puntos da cidade, tanto dentro como fóra da zona de seguridade. Estas pantallas estarán situadas en:

- San Martiño Pinario
- Praza de Cervantes
- Praza do Toural
- Paseo da Ferradura (na Alameda)
- Praza da Quintana
- Colexio La Salle
- Praza Roxa
E dúas pantallas para os asistentes á Praza do Obradoiro

DISPOSITIVO DE PROTECCIÓN CIVIL

Por último, indicar que esta previsto un Dispositivo de Protección Civil da Xunta de Galicia e do Concello de Santiago para esta visita, cuxos aspectos fundamentais son:

- Noite do 5 de novembro con 5 postos de campaña de protección civil distribuídos estratexicamente durante todo o itinerario e na propia cidade.
- Día 6 de novembro: Ademais do anterior, postos en todos os lugares de concentración de masas (ubicación de pantallas) completados con postos de coordinación da Axencia de Emerxencias de Galicia e Posto de Mando avanzado.
- Servicios sanitarios: Hospital de Campaña en Xoán XXIII, completados con nove ambulancias distribuidas por toda a cidade.
- Centros de atención telefónica de emerxencias 112 e 061: Reforzados dende a noite anterior ata a finalización do operativo.

Compartir: