PARTICIPACIÓN CIDADÁ

A Casa das Asociacións acolle unha exposición de óleos dun curso da Asociación de Mulleres Progresistas "Alba"

21/10/2010 A Concellería de Participación Cidadá leva á Casa das Asociacións (antiga estación de Cornes, rúa Manuel Beiras, 3) unha exposición da Asociación de Mulleres Progresistas "Alba". A mostra exhibe os traballos realizados polas participantes no Curso de Pintura ao Óleo promovido pola devandita asociación.

A exposición permanecerá aberta ao público ata o 30 de outubro en horario de mañá de luns a sábado, de 10:00 a 14:00 horas, e de tarde de martes a sábado, de 17:00 a 21:00 horas.

Documentos relacionados



Compartir: