ALCALDÍA

Ávila promociona o Camiño

17/10/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou no acto que levou a cabo no Obradoiro a Asociación de Amigos do Camiño de Ávila. Os seus compoñentes explicáronlle ao rexedor a súa iniciativa e as distintas etapas da peregrinación coas que tratan de promocionar o Camiño na provincia de Ávila.

Os integrantes da Asociación realizaron unha frecha amarela humana tumbados sobre o chan da praza do Obradoiro, e leron un escrito de apoio ao Camiño e aos peregrinos para celebrar a súa chegada a Compostela.

Pintura en directo no Obradoiro
Tamén na praza do Obradoiro, diversos artistas plásticos pintaron en directo no marco do certame ARTencontro 2010. A temática a empregar era a fachada da Catedral. Sánchez Bugallo conversou cos artistas e contemplou as súas obras.

Compartir: