CENTROS SOCIOCULTURAIS

"deCÁTAte" convida a degustar os viños, queixos, meles e aceites de Galicia

07/10/2010 A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou o programa deCÁTAte. Consistirá nunha serie de catas de viños galegos, queixos, mel e aceite en varios centros socioculturais.

Tanto García Conde coma o responsable do programa, Modesto López, destacaron que o obxectivo de deCÁTAte é, ademais da formación, poñer de relevo a calidade dos produtos galegos e o esforzo que leva aparellada a súa produción. Isto cobra especial relevancia nun momento en que algunhas producións agroalimentarias sofren dificultades económicas.

deCÁTAte é un programa composto por variadas catas, con grupos máximos de 25 persoas, para dar a coñecer as diferentes denominacións de orixe galegas e os diferentes modelos produtivos dende os seus inicios ata o seu depósito nos andeis das tendas e ultramarinos. O Departamento de Centros Socioculturais contará para esta iniciativa coa colaboración da Asociación Galega de Viticultura (Federación Rural Galega FRUGA), do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa e de Oro de Almazaras, entre outros.

As actividades son de balde, agás a cata de viño, cuxas tres sesións terán un custo total de 50 euros. Todas as catas teñen prazas limitadas, 25, polo que se precisa inscrición previa ata completar o aforo.

PROGRAMA

Catas de Queixos
CSC José Saramago de Vite, o xoves 21 de outubro ás 20:30 h
CSC Brañas de Andrés, o xoves 28 de outubro ás 18:30 h
CSC das Fontiñas, o venres 5 de novembro ás 20:30 h

Catas de Aceite
CSC das Fontiñas, o venres 22 de outubro ás 20:30 h
CSC Aurelio Aguirre de Conxo, o venres 29 de outubro ás 20:30 h
CSC José Saramago de Vite, o xoves 4 de novembro ás 20:30 h
CSC Agustín Bueno do Castiñeiriño, o luns 8 de novembro ás 20:30 h

Catas de Mel
CSC Agustín Bueno do Castiñeiriño, o luns 25 de outubro ás 20:30 h
CSC José Saramago de Vite, o xoves 28 de outubro ás 20:30 h
CSC das Fontiñas, o venres 29 de outubro ás 20h30
CSC Aurelio Aguirre de Conxo, o venres 5 de novembro ás 20:30 h

Campaña de promoción dos viños Galegos
Cata de Viños ás 20:00 h
CSC O Ensanche, os días 10, 11 e 12 de novembro

Compartir: