ALCALDÍA

Alumnos de varios países participan nunha nova edición do Curso do Camiño da USC

06/10/2010 Está a celebrarse a IV Edición do Curso do Camiño de Santiago, organizado polos Cursos Internacionais da USC. O concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, recibiu os participantes e responsables do curso en Raxoi.

O Curso do Camiño de Santiago, cunha duración de dúas semanas, conta con clases multidisciplinares sobre o fenómeno xacobeo -lingua, historia, arte, literatura, xeografía e cultura gastronómica- e cunha peregrinaxe polo tramo galego do Camiño Francés dende o Cebreiro.

As clases compleméntanse con actividades culturais e visitas guiadas, sempre de temática xacobea, á Catedral, á Cidade Histórica, ao Patrimonio da USC, ao Museo do Pobo Galego, un tour gastronómico e charlas con xornalistas e escritores, ademais desta recepción no Concello.

Nesta edición de outubro, o curso ten 20 alumnos, procedentes maioritariamente de Brasil, pero tamén de Europa e mesmo de Xapón.

Compartir: