ALCALDÍA

O alcalde de Santiago visita a Carpa de Santiago Centro e o Belén de Conxo de Javier Otero

05/01/2006 O alcalde de Santiago, X. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Festas, X. Baqueiro, visitaron o mércores,4 de xaneiro, a carpa de actividades infantís que Santiago Centro ten instalada na praza Roxa.

Nela os máis pequenos son os protagonistas dunha serie de actividades didácticas programadas por esta entidade para estas festas de Nadal. A carpa pechará o xoves 5 de xaneiro tras recibir a vistas dos Reis Magos e acoller a entrega de premios do I Concurso de Dibuxo De Compras de Nadal organizado por Santiago Centro e Caixa Galicia que contou cun importante número de participantes.

Tras esta visita á praza Roxa, o alcalde trasladouse ao barrio de Conxo para visitar o Belén do artesano compostelano Javier Otero Pérez. O nacemento de trinta e cinco metros cadrados conta con máis de cincocentas figuras e está instado na casa do propio autor. Este ano Otero Pérez adicou o seu traballo á Asociación de Diabéticos de Santiago e á súa presidenta María Teresa Lord.

Compartir: