ALCALDÍA

O alcalde, "globalmente contento" co investimento do Estado en Santiago

01/10/2010 Sánchez Bugallo considera que o goberno municipal debe estar "moi satisfeito, especialmente co Ministro de Fomento" a respecto do investimento que o Goberno central ten previsto investir na nosa cidade, un total de 157.220.030 euros.

"Todos os proxectos que están en marcha en Santiago están garantidos", dixo o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, tras coñecer a parte dos presupostos xerais que percibirá a nosa cidade do Goberno.

O remate das obras da terminal do aeroporto e do túnel da Galuresa seguirán ao ritmo e co investimento previsto. Está garantido tamén o financiamento do Consorcio, cun pequeno descenso previamente acordado e pactado no consello de Administración, segundo o cal "a porcentaxe da rebaixa é a mesma que a dun Ministerio", explicou Bugallo. Tamén a autovía Santiago-Lugo vai continuar construíndose, se ben "a un ritmo lento". As obras do mercado poderán empezar nos vindeiros meses e en canto ás obras do AVE, prevese que para o ano que vén se remate a entrada a Santiago.

Así mesmo, o alcalde asegurou que o encargo do proxecto da nova estación do AVE "estase pechando con ADIF estes días, e queren sacala a licitación este mesmo ano".

Desglosamos os presupostos xerais que o Estado investirá en Santiago para o exercicio de 2011:

Investimentos
Paso inferior baixo o nudo de Cornes
9.750.000
A-54 Tramo: Lavacolla- Arzúa (18,5 Km.)
3.500.000
Estación Depuradora de Augas Residuais de Santiago
7.160.000
Rehabilitación Mercado de Abastos
1.088.730
Adaptación do sistema eléctrico de Santiago
8.297.000
Melloras e adecuación na área de movementos de Santiago
4.564.000
Ampliación de Plataformas de Santiago
10.724.000
Nova área terminal Santiago
87.808.000
Desenvolvemento e mellora do sistema de navegación aérea de Santiago
3.048.000
Actuacións en Seguridade en Santiago
8.605.000
Mellora na Area de movemento de aeronaves: calles de rodaje e edificio Sei de Santiago
1.228.000
Informática e comunicación: Santiago
3.589.000
Inversións de Apoio e Mantemento
437.000
Consorcio da Cidade de Santiago
7.421.300
TOTAL 157.220.030

AVE Ourense-Santiago: 253.000.000

AVE Lubián-Ourense: 87.000.000

AVE Eixo Atlántico: 278.700.000

Compartir: