ALCALDÍA

Os expertos en sexoloxía elixen Santiago para celebrar o seu XI Congreso

30/09/2010 Santiago de Compostela acolle desde hoxe e ata o 2 de outubro o XI Congreso Español de Sexoloxía e o V Encontro Iberoamericano de Profesionais da Sexoloxía. Os seus organizadores, como a presidenta da Federación Española de Sociedades de Sexoloxía (FESS), Miren Larrazábal, o presidente do Comité Organizador Local, o doutor Manuel Varela, o presidente do Comité Científico, Miguel Ángel Cueto, e o concelleiro Pedro Zerolo, foron recibidos esta mañá no Pazo de Raxoi polo alcalde compostelán.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, deulles a benvida a cidade nun ano tan especial como este Xacobeo e desexoulles un congreso moi frutífero aos máis de 300 expertos que se dan cita en Santiago no marco deste encontro.

Congribuír definitivamente a conseguir a despatoloxización da transexualidade, revisar e debatir os resultados da última Enquisa Nacional de Saúde Sexual e poñer o acento nos aspectos máis controvertidos da educación sexual que se pretenden incluír na nova Lei de Saúde Sexual son os principais eixos argumentais deste XI Congreso e do V Encontro, no que se actualizarán tamen os avances e retos no estudo, investigación e manexo clínico dos principais transtornos sexuais.

Moitos dos temas que se van debatir están de actualidade nestes momentos. Baixo o lema "A Sexoloxía: investigación, educación e clinica", o evento pretende involucrar a todas as persoas que investigan, forman, diagnostican e levan a cabo tratamentos para afrontar os principais problemas sociais e de saúde derivados das relacións sexuais. Profesionais da Medicina, Psicoloxía, Enfermería, das ensinanzas e doutros campos reúnense neste foro co obxectivo de lograr un maior coñecemento das diferentes visións sexuais existentes, así como para implantar de forma definitiva a ensinanza da educación sexual nos centros escolares.

Dentro do programa científico (www.congresosexologia-fess2010.es) incorporáronse os temas que suscitan máis demanda social e profesional. Polo tanto, efecturase un especial fincapé, mediante mesas redondas, no tema dos abusos a menores por Internet, o efecto negativo do tabaco sobre a sexualidade, a discapacidade e a sexualidade, a menopausia, a parella, así como a formación de profesionais en Sexoloxía e os novos avances no tratamento das disfuncións sexuais.

Compartir: