EDUCACIÓN

Miles de cativos participaron en Nadalxogo

04/01/2006 Miles de cativos e cativas disfrutaron durante estes días das actividades de Nadalxogo, inatalado no Multiusos Fontes do Sar. Este espacio de lecer despídese dos rapaces o xoves, 4 de xaneiro, para deixar pasa a Cabalgata de Reis.

Desde o 27 de decembro, en que abriu as súas portas, miles de cativos e repaces participaron en Nadalxogo. Múltiples actividades didácticas complementan con notable éxito as puramente deportivas ou de lecer.

Hinchables, rocódromo, camas elástica, obradoiros de todo tipo, paiasos, parque de educación via, carrusel de cabaliños, pista de coches de choque, tren da bruxa… todo un universo para a fértil imaxinación dos rapaces

O custo da entrada foi de 2 euros para os nenos/as de catro a dezaseis anos de idade, mentres que os adultos acompañantes teñen o acceso de balde, ao igual que os nenos menores de catro anos que contaban cun espazo propio e un programa orientado a súa inesgotable inventiva.

Compartir: