TURISMO

Comeza o seminario "Mellorar as Cidades Atlánticas Patrimonio Mundial da UNESCO"

17/03/2005 O Alcalde de Santiago e o vicepresidente da Cámara Municipal de Porto, Xosé A. Sánchez Bugallo e Paulo Morais, respectivamente, inauguran o terceiro seminario do Proxecto Atlante, que terá lugar en Compostela.

O Centro de Estudos Avanzados da USC (Parque de Vista Alegre, rúa das Salvadas) acolleu a inauguración do seminario do Proxecto Atlante "Mellorar as Cidades Atlánticas Patrimonio da UNESCO", que durante o xoves 17 e o venres 18 de marzo terá lugar na nosa cidade.

Máis de 50 participantes procedentes da xestión pública e privada participarán nestas xornadas, nas que se debatirán temas como a creación dun modelo de oficina virtual de turismo, a promoción turística conxunta das cidades patrimonio, o marketing turístico, a xestión comercial e o desenvolvemento sostíbel nas cidades patrimoniais.

Compartir: