ALCALDÍA

Santiago de Compostela e Alicante estreitan os seus lazos

24/09/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu hoxe no Pazo de Raxoi a alcaldesa de Alicante, Sonia Castedo. No encontro abordaron asuntos comúns a ambas urbes e sentaron as bases para unha colaboración máis estreita e continuada. Ademais, a rexedora alicantina asinou no libro de Honra da cidade.

Xosé A. Sánchez Bugallo agradeceu á alcaldesa a súa visita a Santiago ao tempo que manifestou que "Compostela e Alicante son dúas ciudades diferentes pero complementarias". O rexedor salientou que hoxe se inicia un camiño conxunto de cooperación. Pola súa banda, Sonia Castedo expresouse no mesmo sentido ao indicar que se empeza "unha relación de amistade" entre as dúas cidades potenciada pola liña de voo directa que as une e a través da que espera "fructifiquen os lazos de unión".

A rexedora explicou a Sánchez Bugallo a acción de promoción directa da cidade levantina que terá lugar o sábado 25. Con esta actividade, queren estimular e fomentar as relacións de promoción turística recíproca, buscando e ofrecendo lazos de conexión entre ambos destinos, xa que os dous son emisores e receptores. As máximas autoridades acordaron poñer en marcha a colaboración que desenvolverán a continuación os distintos departamentos co obxectivo de realizar campañas de promoción específicas.

O sábado 25 a cidade de Alicante promocionarase nun dos principais parques da capital galega, a Alameda, con visitas á zona vella e á Catedral. Esta acción responde ao criterio do concello alicantino de potenciar as relacións con aquelas cidades teñen voo directo con Alicante e que se convirten así en destinos de oportunidade para o turismo.

O stand estará instalado desde as 11.00 ata as 20.00 horas e ofrecerá aos veciños de Santiago a oferta turística de Alicante, así como información complementaria apoiada por planos, guías, guías infantís, guías gastronómicas e merchandising. Así mesmo, sortearanse de forma gratuíta sete estancias ofrecidas pola Asociación Provincial de Hoteles da cidade. Ryanair, como única compañía que opera o voo directo entre Alicante e Santiago, ofreceu dous billetes de ida e volta que entrarán tamén no sorteo.

Para os galegos, a Comunidade Valenciana e a cidade de Alicante están no quinto posto das preferencias turística. Pola outra banda, o clima, a paisaxe, a gastronomía e a cultura galegas e compostelás son un atractivo para os alicantinos, o que se reflexa nos datos recollidos polo Observatorio turístico. Así mesmo, a chegada de turistas galegos a Alicante marca unha senda ascedente nos últimos anos. A liña directa entre Santiago e Alicante potencia e posibilita ademais as escapadas de fin de semana, unha das opcións que máis utiliza o turista que chega a Galicia, especialmente nun ano como o Xacobeo.

Compartir: