TRANSPORTES

O vindeiro luns día 20 entran en vigor as novas tarifas de transporte urbano

17/09/2010 Estas tarifas foron aprobadas en Xunta de Goberno Local o pasado 10 de agosto e comezarán a aplicarse no servizo de transporte urbano a partir desde próximo luns, 20 de setembro.

As tarifas que se actualizan son o billete ordinario (que pasa de 0,90 a 1,00 €) e o bono ordinario (que pasa de 0,55 a 0,60 €), quedando invariables o resto.

Deste xeito, as tarifas a partir do luns día 20 quedan da seguinte maneira:

BILLETE ORDINARIO 1,00 €
BILLETE ESCOLAR 0,55 €
BONO ORDINARIO 0,60 €
BONO ESCOLAR 0,40 €
BONO MENSUAL 26,00 €
TRANSBORDOS 0,00 €
BONO PENSIONISTA 0,00 €

Compartir: