DEPORTES

A cidade de Santiago acolle o congreso que reúne ás federacións de Golf das comunidades autónomas

16/09/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no pazo de Raxoi, acompañado por outros membros da Corporación municipal, os participantes no XXXV Congreso Nacional de Federacións Autonómicas de Golf, que cada ano se celebra nunha comunidade e que nesta ocasión, por ser Xacobeo, está a ser en Galicia.

A el asisten os presidentes das 17 federacións autonómicas, máis os presidentes de Ceuta e Melilla, coa peculiaridade de que actualmente o presidente da Real Federación Española de Golf, Gonzaga Escauriaza, é así mesmo, o presidente da Federación Internacional de Golf, máxima autoridade a nivel internacional.

O programa do congreso desenvolverase entre a Illa da Toxa e a cidade de Santiago, onde os participantes teñen previsto asistir á misa do Peregrino.

A continuación desta recepción, o alcalde reuniuse tamén cos participantes nas Xornadas de Profesores de Matemáticas das Facultades de Económicas, que tamén elexiron Santiago para celebrar o seu encontro.

Compartir: