ALCALDÍA

Santiago e Santa Fe afianzan a súa colaboración

14/09/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu hoxe no seu despacho de Raxoi a Rebecca Wurzburger, tenente de alcalde da cidade de Santa Fé, capital do estado de Novo México, coa que mantivo un breve encontro co obxectivo de estreitar os lazos institucionais entre ambas poboacións.

Santa Fe é a cidade máis grande de Novo México e tamén a máis antiga de todas as cidades capitais dos Estados Unidos. Cunha población que se achega aos 70.000 habitantes é, ao igual que Compostela, un centro de peregrinacións gracias á súa catedral de San Francisco de Asís, dentro da cal se atopa a capela de Loretto, erixida entre 1873 e 1878, onde existe unha escaleira milagrosa coñecida como escaleira de Santa Fé.

Compartir: