XUNTA DE GOBERNO

Todo listo para o comezo da segunda fase do reforzo do firme das vías públicas

10/08/2010 A Xunta de Goberno, en sesión ordinaria, elevou a definitiva a adxudicación da segunda fase do reforzo do firme das vías públicas municipais. Tamén en materia de contratación, iniciouse o expediente para contratar subministro de uniformidade e accesorios para a Policía Local.

A adxudicación definitiva da segunda fase do reforzo do firme das vías públicas municipais permitirá iniciar estas obras, que permitirán actuar sobre aquelas rúas que están máis necesitadas da renovación e mellora do seu asfaltado. Cómpre recordar que aínda queda por elevar a definitiva a adxudicación da reposición de beirarrúas.

Tamén en materia de contratación, aprobouse o prego de cláusulas administrativas e técnicas, e iniciouse o expediente de contratación do subministro de uniformidade e accesorios para o persoal da Policía Municipal, cun tipo de licitación de 141.950 euros (IVE incluído).

Benestar Social
No eido de Benestar Social, aprobouse inicialmente a concesión dun total de 99.795 euros en concepto de subvencións para a realización de programas integrais de inserción sociolaboral, contempladas dentro da iniciativa Urbana Santiago Norte. O reparto é o seguinte: Asociación Plataforma polo Emprego, 20.000 €; Cogami, 20.000 €; Cruz Vermella, 19.795 €; IGAXES, 20.000 €; e FAEGA, 20.000 €.

Ademais, acordouse solicitar dúas subvencións, unha de 19.571 euros para cinco programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación retornada e inmigrante extracomunitaria, e outra de 45.000 euros para o mantemento e funcionamento do Centro de Información ás Mulleres (CIM).

Documentos relacionados



Compartir: