ALCALDÍA

Agradecemento ao traballo das directoras dos colexios San Jorge e Colexiata de Sar

16/07/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ás ata agora directoras dos colexios de primaria San Jorge e Colexiata de Sar, Felicia Costas Lombardía e Victoria Vázquez Romero, que deixan o seu cargo por xubilación.

Sánchez Bugallo e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, agradecéronlles o traballo realizado ao longo de todos estes anos e desexáronlles os maiores éxitos nesta nova etapa da súa vida.

Compartir: