ALCALDÍA

Encontro cos estudantes brasileiros dos Cursos Internacionais da USC

15/07/2010 O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, recibiu en Raxoi os estudantes brasileiros dos Cursos Internacionais da Universidade de Santiago.

Iglesias convidou os estudantes a disfrutar da súa estancia en Santiago e a vivir as Festas do Apóstolo. Ademais, recordou a longa tradición destes Cursos Internacionais, con máis de 50 anos de historia. Grazas a eles, estudantes de todo o mundo poden acceder a unha ampla oferta en cursos de español como lingua estranxeira e a programas de formación de profesorado en español e en galego.

Os alumnos non e alumnas non só aprenden a lingua, senón tamén sobre a cultura, a través de seminarios, da propia convivencia e de diversas actividades paralelas. En particular e, máis aínda neste Ano Santo, destacan os cursos relacionados co Camiño de Santiago.

Compartir: