RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

Entrega de diplomas aos participantes no curso Aulas no Camiño

13/07/2010 O concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, e o alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, recibiron no Salón Nobre os participantes nas Aulas no Camiño, organizadas pola Facultade de Humanidades de Ferrol. Os alumnos e alumnas recibiron tamén os seus diplomas.

O curso-proxecto cultural e de investigación Aulas no Camiño ten como obxectivo afondar no estudo multidisciplinar da realidade sociocultural europea que atravesa o Camiño de Santiago. Dende o 5 de xullo, alumnos e alumnas da Universidade da Coruña fixeron un percorrido polo Camiño de Santiago dende Lisboa. En todas as etapas os camiñantes puideron completar a súa formación con diversas actividades que incluían conferencias e visitas culturais.

Compartir: