EDUCACIÓN

Os nenos e nenas da Escola Municipal de Inglés realizaron un tramo do Camiño

09/07/2010 Con motivo do Ano Xacobeo 2010 os nenos e nenas que participan na Escola Municipal de Verán de Inglés, situada no IES Rosalía de Castro, fixeron un tramo do Camiño de Santiago.

O grupo de 97 nenos e nenas, de idades comprendidas ente os 9 e os 14 anos, partiron dende o IES Rosalía de Castro nun autobús con destino ao Monte do Gozo. Dende alí realizaron o último tramo do Camiño de Santiago, despois de participar en diferentes actividades e xogos. Á súa chegada á praza do Obradoiro foron recibidos pola concelleira de Educación, Mercedes Rosón.

Compartir: