MEDIO AMBIENTE E CIDADE HISTÓRICA

Ábrese o prazo para votar o mellor balcón do II Concurso de Balcóns "Flores na cidade"

06/07/2010 Unha vez rematado o prazo de presentación para o II Concurso de Balcóns "Flores na Cidade", ábrese o prazo de votacións para elixir o premio do público ao mellor balcón de entre os 64 inscritos. Poderá facerse dende o 7 de xullo, ás 8:00 horas, ata o 15 de xullo a través dun enlace nesta páxina web. No microsite ao que este remite poden verse as bases do concurso e as fotografías dos balcóns inscritos, e votar as favoritas.

O premio do público está valorado en 75 euros. Ademais dese premio, haberá os outorgados polo xurado que consistirán en diploma, plantas e materiais de xardinería por valor de 200 euros para o primeiro; de 100 euros para o segundo e de 50 euros para o terceiro.

En canto ao premio do xurado, este poderá ter en conta aspectos como o estado de conservación do balcón, a orixinalidade da ornamentación, a harmonía no crecemento das plantas, a combinación de cores, a variedade, calidade e perdurabilidade dos elementos vexetais ou a innovación de especies e elementos accesorios.

No concurso puideron participar todas as persoas titulares ou arrendatarias de vivendas con balcóns que reuniran as condicións necesarias para ser decorados, sen que isto supuxera ningún perigo para a súa integridade nin para os viandantes. Loxicamente, debían estar na Cidade Histórica.

Os participantes exhiben un distintivo do Concurso nun lugar visible e deberon remitir fotografías á organización. Estas fotografías son as que agora podemos ver web para elixir o mellor balcón para o público.

Direcciones relacionadas



Compartir: