EMIGRACIÓN-INMIGRACIÓN

Semana de educación intercultural

20/12/2005 O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez, recibiron na Casa do Concello aos representantes dos centros educativos que participan na semana de educación intercultural.

Entre 1.500 e 1.600 rapaces de educación primaria pertencentes a sete centros educativos de Santiago (Pío XII, Lamas de Abade, Ramón Cabanillas, Vite, Colexiata de Sar, Monte dos Postes e San Paio) participan na semana de actividades para unha educación intercultural, que desenvólvese entre o 19 e o 22 de decembro, organizadas pola Concellaría de Emigración.

As actividades inclúen obradoiros, contacontos, cineforum, danzas do mundo e xogos cooperativos.

Con motivo deste programa o luns 19 de decembro o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Emigración-Inmigración, Teresa Regúlez Blázquez, recibiron aos directores e representantes dos colexios participantes nestas actividades.

No transcurso do acto foi entregado a cada un dos colexios un lote de libros nos que se resaltan os valores da tolerancia, convivencia intercultural, solidariedade, cooperación, etcétera. Entre estas publicacións están "Cuentos de todos los colores", "Juegos del mundo", "¿Como viven los niños en el mundo?", "Momo", "Busco una mamá", ou "Como curé a papá de su miedo a los extraños"

Compartir: