ALCALDÍA

Concello e Obradoiro marcan as pautas de colaboración cara o futuro

23/06/2010 A nova directiva do Obradoiro Club Amigos do Baloncesto, encabezada polo presidente, Ricardo Docobo, foi recibida en Raxoi polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Na reunión, na que tamén participou o concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, o presidente do Obradoiro CAB informou sobre a actualidade do club, que nestes momentos pasa pola realización dunha auditoría, pola conversión do club en sociedade anónima e pola preparación da participación do equipo na próxima edición da Liga LEB Ouro.

Tras a xuntanza, o presidente do Obradoiro, cualificouna como "moi positiva", porque serviu para "marcar as pautas cara o futuro". "Saímos moi satisfeitos e así llo transmitiremos aos nosos afeccionados e socios", indicou Docobo. Sobre o futuro, apuntou que se "buscarán os cauces adecuados para a colaboración", tendo en conta o actual contexto de crise económica.

Compartir: