DEPORTES

Sorteadas as 20 prazas do Concello para o Campamento Deportivo da Deputación

18/06/2010 Vén de celebrarse o sorteo das 20 prazas que lle correspondían ao Concello de Santiago na quenda do Campamento Deportivo que a Deputación da Coruña realizará no Colexio Calvo Sotelo da Coruña do 25 ao 31 de xullo. Este sorteo foi necesario ao terse inscrito 36 nenos e nenas para o campamento.

Neste campamento, rapaces e rapazas de 9 a 13 anos poderá practicar preferentemente deportes coma o golf ou a vela, ademais doutros complementarios coma o tenis, o volei praia, xogos cooperativos e de praia, etc. Tamén haberá actividades culturais e relacionadas co medio natural.

As familias dos agraciados no sorteo deben poñerse en contacto coa Concellería de Deportes, a través o telefono 981 528 730, para ser informados sobre o proceso de formalización da matrícula.

Documentos relacionados

Direcciones relacionadas



Compartir: