EDUCACIÓN

Concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música dedicado aos sons do Camiño

17/06/2010 O venres 18 de xuño, ás 19:30 horas, no Teatro Principal, celebrarase o concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música. Leva como título Unha viaxe moi especial. O Camiño dos sons.

Máis de 100 alumnos e alumnas da Escola participarán neste concerto. Interpretarán pezas dos máis variados estilos, a través da narración dun conto que recolle a viaxe dun peregrino polo mundo, recompilando os diferentes sons do Camiño.
A finalidade desta actuación é facer fincapé na multiculturalidade do Camiño de Santiago e da riqueza cultural e musical do mesmo.

Compartir: