BENESTAR SOCIAL

O XIII Congreso Nacional sobre a SIDA incidirá na importancia do diagnóstico precoz da infección por VIH

14/06/2010 Máis de 1.000 persoas participarán no XIII Congreso Nacional sobre a Sida, organizado pola Sociedade Española Interdisciplinaria sobre a SIDA (SEISIDA) que se celebrará do 16 ao 18 de xuño no Hotel Monumento San Francisco e na Facultade de Medicina. O Concello de Santiago, a través do seu Departamento de Benestar Social, patrocina esta plataforma de diálogo e discusión de todas as persoas implicadas na loita contra a SIDA en España.

A concelleira de Benestar Social, Mar Martín; o presidente do Congreso, Antonio Antela; e o responsable do Plan Galego da SIDA, José Antonio Taboada, presentaron en rolda de prensa este XIII Congreso Nacional sobre a SIDA, que ademais dunha posta ao día do traballo en investigación que se está facendo en España nos distintos campos relacionados coa epidemia do VIH -ciencias básicas, epidemioloxía, prevención, aspectos clínicos e de tratamento, aspectos sociais, coidados e cooperación internacional-, é unha plataforma de diálogo e discusión de todas as persoas implicadas na loita contra a SIDA en España. A esta variedade de enfoques se referiu Mar Martín, que agradeceu que a entidade organizadora elixira Santiago como sede.

En palabras do doutor Antonio Antela, "o noso empeño é que a sociedade se dea conta de que todos estamos en risco de adquirir a infección por VIH con algo tan natural como é practicar o sexo. Polo tanto, "non debemos ver ás persoas que viven con VIH como seres distintos e discriminalas. Ao mesmo tempo, coñecer ben as vías de transmisión da infección débenos axudar a previla e deste xeito contribuír a que poidamos controlar a epidemia".

Diagnóstico tardío
Nesta ocasión, a énfase do Congreso farase no problema do diagnóstico tardío da infección por VIH e nas súa posibles solucións. "Afortunadamente, as persoas que desenvolven a SIDA son cada vez menos, Xa que dispoñemos de múltiples ferramentas e o suficientemente boas como para evitar que unha persoa infectada polo VIH progrese a SIDA. Non obstante, seguen producíndose novas infeccións e segue habendo diagnósticos tardíos; por iso é tan difícil controlar a epidemia. Mentres no consigamos mellorar as nosas políticas de prevención e de diagnóstico precoz, teremos que admitir que o VIH nos segue levando vantaxe", dixo o presidente do Congreso, quen recordou que o lema do mesmo é "¡Adiántate á SIDA!".

Estímase que dende o inicio da epidemia do VIH, en España infectáronse entre 120.000 e 150.000 persoas, das cales se cree que un 30% descoñece a súa situación. Os datos son similares en Galicia, aínda que estamos algo por debaixo da media do Estado, apunta José Antonio Taboada, coordinador do Plan Galego da SIDA e vicepresidente do Congreso. "Calcúlase que hai unhas 7.000-8.000 persoas con VIH en Galicia, das que entre un 25-30% non estarían diagnosticadas", afirma. Ademais, outro aspecto importante é o feito de que o 35% dos novos diagnósticos fanse de forma tardía. Y todo isto a pesar de que o acceso ás probas diagnósticas é libre e gratuíto, e a que en Galicia se están impulsando dende hai anos as políticas de detección precoz do VIH na atención primaria.

Segundo indica Taboada, "temos que diagnosticar as infeccións nas súas primeiras fases por dúas razóns fundamentais. En primeiro lugar, para que o paciente afectado se poida beneficiar dos logros terapéuticos traducidos en máis vida e con mellor calidade. En segundo lugar, para impedir que transmita a infección a outras persoas aportando así un enorme beneficio comunitario. O diagnóstico precoz collido da man coa loia pola integración e normalización dos portadores é agora unha estratexia prioritaria para o control do VIH e da SIDA".

Programa científico
En cuanto ao programa do Congreso, a sesión inaugural centrarase na atención ao paciente seropositivo crónico como desafío e exemplo da atención sanitaria global. Tamén hai unha mesa redonda dedicada á plataforma "VIH en España 2010", en íntima relación coa plataforma "VIH en Europa 2010", onde se darán a coñecer as liñas mestras a desenvolver en España e en Europa respecto a mellorar a nosa capacidade de diagnóstico precoz. Así mesmo, presentarase o estudio El impacto emocional de la lipodistrofia en las personas que viven con VIH, e hai dous simposios temáticos onde se van a debater as últimas novidades respecto ao manexo do tratamento antirretrovírico e o futuro do mesmo.

Compartir: