ALCALDÍA

O Pío XII celebrou o seu XXV aniversario

12/06/2010 O CEIP Pío XII veu celebrando dende o 28 de maio diversas actividades para celebrar o seu XXV aniversario. Para pechar o programa, o colexio acolleu un acto central no que participou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

O acto, en cuxas intervencións se lembrou a traxectoria do colexio nestes 25 anos, pechouse co descubrimento dunha placa conmemorativa da celebración. Houbo tamén un concerto a cargo de alumnos e ex alumnos do centro e a visita a unha mostra de fotos e publicacións antigas. Logo, alumnos, mestres e pais compartiron comida de confraternidade.

Para celebrar esta data especial, o Pío XII organizou ao longo de dúas semanas diversas actividades, como obradoiros, sesións de animación á lectura ou o percorrido dun tramo do Camiño de Santiago.

Compartir: