SANIDADE

Dez cans do Refuxio de Animais realizarán a última etapa do Camiño de Santiago

10/06/2010 Dez cans da Fundación Refuxio de Animais van realizar o vindeiro sábado, 12 de xuño, a derradeira etapa do Camiño de Santiago, dende o Refuxio de Bando ata a praza de Cervantes. O obxectivo desta peregrinación é promover a adopción de animais abandonados, así como informar sobre formas de colaboración coa Fundación.

A peregrinación é un acto de esforzo, tenacidade, ilusión e compañeirismo. É por todo isto polo que, aproveitando o Ano Xubilar, a Fundación Refuxio de Animais, coa colaboración dun grupo de entusiastas voluntarios, vai a realizar por primeira vez o sábado 12 de xuño a última etapa do Camiño de Santiago. Este grupo de "peregrinos da esperanza" estará formado por uns vinte voluntarios que guiarán a dez cans do Refuxio: Carpi, Dulla, Cinza, Rey, Tina, Piscis, Xoga, Alina, Tze-Tze e Negrita. Apoiándoos irá outro grupo de dez cans que xa tiveron a sorte de atopar un dono ao ser adoptados no centro.

Coa súa marcha, estes cans esperan crear un camiño para todos aqueles que queiran colaborar cos animais do Centro e atopar un bo fogar para eles ou para algúns dos seus más de 400 compañeiros que actualmente residen no Refuxio de Bando. Carpi, unha destas singulares peregrinas, leva no Refuxio dende o ano 2005.

A marcha iniciarase ás 10:00 horas no Refuxio de Bando. A primeira parada –onde tamén se poderán sumar á expedición todos aqueles que o desexen– será na ermida de San Marcos (xunto ao Monte do Gozo), para chegar en torno as 12:00 horas á praza de Cervantes. Alí instalarase unha mesa informativa das distintas actividades e formas de colaboración coa Fundación Refuxio de Animais. Tamén se venderá material publicitario co fin de recadar fondos para os animais do Centro.

Máis información: FUNDACIÓN REFUXIO DE ANIMAIS
Lg. Zarramacedo-Bando s/n.15890-Santiago de Compostela. A Coruña
646021821 – 981575957 - 646492835
www.refuxio.org – refuxio@refuxio.org

Compartir: