TURISMO

O GCPHE reforza en Santiago a súa oferta cara o mercado xaponés

09/06/2010 O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España participa en Santiago de Compostela do Encontro Empresarial co mercado xaponés organizado por Turespaña, onde presentará a máis de 20 turoperadores e axentes xaponeses a oferta turística e cultural das 13 cidades que forman o Grupo. Durante o encuentro, no Parador dos Reis Católicos e coa presenza de Ignacio Ducasse, director da Oficina Española de Turismo de Tokio, levarase a cabo un workshop onde os asistentes terán contacto directo e recibirán información de primeira man por parte de representantes do Grupo Cidades Patrimonio e doutras institucións do sector

Esta acción de promoción co mercado xaponés dá continuidade a outras iniciativas acometidas con anterioridade polo GCPHE e demostra o esforzo que se está realizando neste mercado. Dende hai uns anos, lévaronse a cabo diversas actividades como: participación anual na feria JATA de Tokio; presentacións ao longo do 2008 promovidas por Cidades Patrimonio en colaboración coa Oficina Española de Turismo (OET) a axentes de viaxes, turoperadores e medios de comunicación tanto en Tokio como en Osaka; presentación da oferta de cursos de "Español para extranxeiros" (turismo idiomático) no Instituto Cervantes de Tokio, en 2009; acodo de colaboración con Iberojapan, especializado na comercialización turística a través de Internet de España e Portugal para a integración da oferta dos destinos que forman parte do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España no portal deste turoperador, así como organización de viaxes de familiarización para prensa e axentes de viaxes.

Ademais, entre as accións máis recentes cabe mencionar o convenio firmado con Promoción Madrid e JTB, o principal turoperador xaponés, para a posta en marcha dunha campaña de marketing, publicidade e comunicación promovida polo GCPHE e Promoción Madrid e xestionada por JTB en Xapón, onde se da a coñecer a oferta turística das Cidades Patrimonio da Humanidade de España e de Madrid co obxectivo de posicionalas como destinos turísticos principais e situalas por diante doutras opcións europeas. Como parte deste acordo, estanse organizando viaxes de familiarización para axentes á totalidade de cidades do Grupo para o mes de xullo.

O mercado xaponés ten un gran potencial para a oferta turística das Cidades Patrimonio da Humanidade de España, por tratarse dun perfil de turistas que viaxan especialmente polo desexo de visitar lugares históricos e monumentos, así como o contacto coa natureza e a paisaxe. Segundo os últimos datos obtidos polo Instituto de Turismo de España, o turismo xaponés no Estado foise recuperando e incrementando dende o ano 2005, ata situarse en 360.000 persoas en 2007. O turismo xaponés é un turismo de calidade, cun elevado nivel medio de gasto por turista, o que supón unha grande oportunidad a aproveitar por parte das cidades do Grupo en particular e España en xeral.

Compartir: