EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN

Actividades de educación intercultural para os máis pequenos

15/12/2005 Organizadas polo Departamento de Emigración e Inmigración, póñense en marcha diversas actividades como contacontos, xogos cooperativos e danzas do mundo, en horario de mañá, desde o luns 19 de decembro ata o xoves 22.

A Concellaría de Emigración Inmigración está a organizar actividades de educación intercultural cos nenos de educación primaria, co fin de achegalos á realidade da inmigración e favorecer a integración e convivencia desde colectivo na nosa sociedade, resaltando valores como a tolerancia, solidariedade, respecto, igualdade e cooperación.

Nesta campaña participarán arredor de 1.300 nenos, con diferentes actividades que van dende contacontos, talleres, xogos cooperativos ata danzas do mundo, en sesións adaptadas aos nenos de diferentes idades de educación primaria, en centros escolares do Concello de Santiago.

Ditas actividades levaránse a cabo en horario de mañá, desde o luns 19 de decembro ata o xoves 22.

Como remate final, e en colaboración ca Concellaría de Centros Socioculturais do Concello de Santiago, o mércores 28 celebrarase unha festa solidaria no CS Vite "José Saramago" en horario de 17.00 a 20.30 horas e destinada a nenos e nenas de ata 14 anos, onde haberá xogos de todo tipo e chocolatada.

Compartir: