ALCALDÍA

Compostela, punto de encontro entre a literaturas hispanoamericana e lusófona

02/06/2010 Santiago acolle do 2 ao 6 de xuño a III Bienal Literaria Internacional "Libera a palabra", un punto de encontro e debate entre xente da literatura de diversas rexións do mundo. Poetas, novelistas, ensaístas, dramaturgos, xornalistas, críticos, profesores de literatura ou editores reúnense en torno a este evento.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á inauguración desta III Bienal Literaria Internacional, nun acto presidido polo titular da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, no Hostal dos Reis Católicos.

Neste evento, a literatura galega exerce como anfitrioa das letras hispanoamericanas e lusófonas, promovendo puntos de encontro entre ambas. Aos diversos foros previstos nesta Bienal hai que sumar a celebración no seu marco da IV Conferencia da Fundación Iberoamericana PEN.

Compartir: