BENESTAR SOCIAL

Un mercadiño solidario expón na Praza de Abastos produtos realizados por discapacitados

14/12/2005 Promovido polas asociacións do Consello Municipal de Servizos Sociais.

A partir de mañá xoves, 15 de decembro, ás 10.00 da mañá, a Praza de Abastos acollerá un mercadiño solidario organizado por un grupo de organizacións pertencentes ao Consello Municipal de Servizos Sociais. Este mercadiño ten por obxectivo a sensibilización cidadá sobre as distintas problemáticas socio-sanitarias existentes no noso entorno.

Os composteláns atoparán no mercadiño produtos feitos por persoas con discapacidade, así como información dos programas que desenvolven as diversas asociacións que colaboran nesta iniciativa.

O mercadiño manterase inicialmente durante todo o Nadal e estará aberto martes, xoves e sábados, de 9.30 a 13.30, a excepción do primeiro día de apertura, mañá xoves, que comezará ás 10.00 horas.

Compartir: