XUNTA DE GOBERNO

Adxudicadas definitivamente obras por máis dun millón e medio de euros

01/06/2010 A Xunta de Goberno local adxudicou definitivamente as obras de seis proxectos do Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local (FES 2010), co que xa poden comezar as obras. En total, estas obras supoñen un investimento de máis de 1,5 millóns de euros. Entre outros asuntos, abriuse tamén o proceso de contratación do Programa de Educación de Rúa.

As obras adxudicadas definitivamente son as seguintes: construción do espazo multifuncional no parque de Galeras (193.475 euros); abastecemento nos lugares de A Susana e Marrozos, FES 2010 (258.595 euros); ampliación da rede de abastecemento no lugar de Lavacolla 258.645 euros); substitución de materiais e tecnoloxías de recollida selectiva de lixo e mellora de seguridade viaria na rúa Arzúa, na Almáciga (357.194 euros); mellora do pavillón polideportivo Monte dos Postes 208.363 euros; e substitución de materiais e tecnoloxías nas redes de alumeado público, creación de infraestruturas para recollida selectiva de lixo mediante colectores soterrados e mellora de seguridade viaria e mobilidade na rúa López Ferreiro (196.051 euros). A todas estas cantidades cómpre sumarlles o IVE.

Benestar Social
En materia de Benestar Social, iniciouse o expediente de contratación do Programa de Educación de Rúa, a desenvolver nos puntos de atención social do municipio, cun tipo de licitación de 4.098 euros/mes. Tamén se acordou a entidade que desenvolverá o Programa Municipal de Dinamización Comunitaria, por 4.672 euros. Finalmente, solicítase unha subvención de 8.002 euros para a realización de sete programas relacionados co esforzo global anti VIH/SIDA.

Rehabilitación
Outro dos acordos da Xunta de Goberno foi a concesión de axudas por importe de 60.352 euros para a rehabilitación de vivendas e locais do Casco Histórico. Trátase da aprobación inicial de subvencións para oito locais comerciais e da definitiva para outros dous.

Documentos relacionados



Compartir: