EDUCACIÓN

Clausúrase a X Campaña de Animación á Lectura "Un gran soño"

21/05/2010 O sábado 22 de maio, ás 12:00 horas, na Galería Sargadelos, terá lugar o acto de clausura da X Campaña Municipal de Animación á Lectura "Un gran soño", organizada pola Concellería de Educación e Kalandraka Editora en colaboración coa Galería Sargadelos.

"Un gran soño" foi o nome escollido nesta ocasión para a X Campaña, na que se incluíron diferentes propostas dirixidas ao profesorado, aos escolares dende infantil ata nenos de 11 anos, obradoiros de ilustración dirixidos por Óscar Villán, obradoiros de escrita creativa dirixidos por Alberto Barreiro (Warren), encontros con pais e nais para animar a ler, sesións didácticas na exposición para educadores, obradoiros de música e ilustración nas Escolas Infantís, entre outras propostas.

Durante a campaña participaron máis de 4.500 escolares dos centros de ensino de Santiago (Escolas Infantís: E.I.M. de Conxo, E.I.M. de Fontiñas, Galescola de San Roque, E.I. Raiola, E.I. Paparolo, E.I de Vite, E.I Cativos, E.I do Tambre; CEIPS: Apóstolo Santiago, Arquitecto Casas Novoa, A Colexiata de Sar, Fontiñas, Lamas de Abade, López Ferreiro, Monte dos Postes, Pio XII, Quiroga Palacios, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas, Rodríguez Xixirei, Vite; Colexios: A Milagrosa, A Inmaculada , A Milagrosa, Compañía de María, Divino Mestre, A Salle, Nosa Sra. Dos Remedios, San Francisco Xabier, San Xosé de Cluny, San Xurxo, Vilas Alborada, Xuventude, Peleteiro e Santa Apolonia), da comarca ( E.E.I os Ánxeles, E.I A Igrexa, CRA de Oroso, CEIP Camiño de Santiago, CEIP de Barouta, CEIP de Vedra, CEIP Pedrouzos, CEIP Ramallosa e CEIP Xacinto Amigo Lera).

Neste fin de festa haberá diversas actividades na Galería Sargadelos de 12:00 a 13:00 horas. E de 13:00 a 14:00 horas, celebrarase no Casino de Santiago un acto aberto no que participan alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música. A entrada e libre e de balde.

Compartir: