ALCALDÍA

Sánchez Bugallo anima aos traballadores municipais a afrontar estes tempos de "sacrificios importantes"

20/05/2010 Con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita, os traballadores do Concello foron recibidos no Salón Nobre polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Precisamente no día no que o Consello de Ministros tiña previsto aprobar o Decreto Lei que fixará a rebaixa salarial para os funcionarios, o alcalde afirmou que "non é o mellor día para celebrar nada", pero animounos a afrontar estes momentos de "sacrificios importantes". Prognosticou "tres anos aínda complicados" para o país, pero tamén o seu convencemento en "saír adiante, porque xa saímos de etapas peores".

Compartir: