ALCALDÍA

O sorteo da Lotería Nacional en Santiago levou a sorte a Sevilla

15/05/2010 O Hostal dos Reis Católicos acolleu o sorteo de Lotería Nacional. O número agraciado co primeiro premio (53741) foi vendido en Sevilla. O posuidor da fracción 2ª, serie 3ª deste número levou un premio especial de 3 millóns de euros.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, non quixo perderse este sorteo especial, no que se repartiron 42 millóns de euros. O primeiro premio (53741), levou 600.000 euros por serie, e o segundo (52112), vendido en Ávila, 120.000 euros.

Compartir: