FUNDACIÓN GRANELL

A Fundación Granell acolle un espectáculo sobre o Quixote

14/12/2005 O Grupo de Teatro da Asociación Cultural Para o Desenvolvemento Sen Fronteiras porá en escea textos de Miguel de Cervantes, Miguel de Unamuno e Rubén Darío o mércores 14 ás 17.30 horas no Pazo de Bendaña, sede da Fundación Granell.

O Grupo de Teatro da Asociación Cultural Para o Desenvolvemento Sen Fronteiras ofrecerá o espectáculo "Don Quixote e Sancho Panza" con motivo da conmemoración do IV Centenario da publicación de "Don Quijote de la Mancha", de Miguel de Cervantes.

El espectáculo comezará ás 17.30, e inclúe textos de Miguel de Cervantes, Miguel de Unamuno e Rubén Darío, e está dirixido por María Montaña, que contou para a selección de textos e a posta en escena coa colaboración de Marisa Selas e Nieves Martínez.

O Grupo de Teatro da Asociación Cultural Para o Desenvolvemento Sen Fronteiras está formado por 19 personas entre 30 e 84 anos e ten como finalidade, ademais da representación de textos teatrais de autor ou de elaboración propia, dar a coñecer ao público de todas as idades obras literarias relevantes da cultura galega e universal a través da declamación ou a lectura matizada.

Compartir: