FESTAS

Dous mil maiores viviron a súa festa en Amio

15/05/2010 A Festa dos Maiores vivíu a súa edición número XII no recinto feiral de Amio. Alí, dúas mil persoas disfrutaron desta tradicional cita das festas da Ascensión.

O alcalde e outros membros da Corporación acompañaron aos asistentes na celebración. Sánchez Bugallo pasou polas distintas mesas para saudar aos comensais e intercambiar impresións con eles.

Os cabezudos abriron unha festa que continuou logo co tradicional xantar e coa actuación musical da orquestra Superfama. Todos os asistentes dispuxeron dun servizo gratuíto de autobús urbano para desprazarse ata Amio dende a praza de Galicia.

Compartir: