XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno adxudica o arranxo de vías municipais no rural

14/05/2010 Nunha sesión extraordinaria, a Xunta de Goberno adxudicou provisionalmente o arranxo de vías municipais no rural. Tamén se determinaron, neste caso definitivamente, as obras da rúa do Home Santo, as de reforma do aparcadoiro do Auditorio e as do edificio de servizos do parque de Eugenio Granell.

A adxudicación das obras en vías municipais do rural realizouse por un importe de 948.275 euros. Esta cantidade procede de remanentes do exercicio anterior, igual que o destinado ao arranxo inmediato dunha serie de rúas e beirarrúas da cidade.

Tamén no capítulo de infraestruturas, adxudicáronse definitivamente as obras de reurbanización da rúa Home Santo de Bonvaval, por importe de 874.008 euros. E no ámbito de Cultura, confirmouse a empresa que acometerá as obras de reforma do aparcadoiro do Auditorio e dos seus accesos. por importe de 217.241 euros e un prazo de execución de dous meses. E a proposta da concelleira de Medio Ambiente, adxudicouse definitivamente a obra de construción do edificio de servizos no parque de Eugenio Granell, por 172.406 euros e un prazo de execución de 45 días

Compartir: