ALCALDÍA

Reunión do alcalde coa presidenta da Asociación Sociocultural de Venezolanos

12/05/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse coa presidenta da Asociación Sociocultural de Venezolanos en Santiago (Avesanti), Fanny Luna Villegas. Esta explicoulle as actividades que esta entidade desenvolve na cidade, para as cales solicitou a colaboración municipal. No encontro tamén participou a concelleira de Benestar Social, Mar Martín.

Avesanti é unha asociación sen fins de lucro constituída en Santiago de Compostela en xaneiro de 2007. Os seus principais fins son contribuír á integración dos venezolanos na sociedade galega; promover o emprego, a saúde, a vivenda, a educación e actividades culturais e deportivas que contribúan a unha maior unión entre Venezuela e Galicia; facilitar a integración das persoas con maior risco de exclusión social dentro do colectivo; e fomentar o uso do galego como outra forma de unión.

Compartir: