UMAD

O Centro sociocultural do Castiñeiriño acolle un taller formativo e informativo para a prevención de drogodependencias

12/12/2005 O Concello de Santiago, a través da Concellería de Benestar social e UMAD e en colaboración co centro sociocultural do Castiñeiriño, puxo en marcha un taller informativo e formativo sobre drogas para adolescentes.

O obradoiro, que imparte un psicólogo da UMAD, está dirixido aos mozos e mozas que frecuentan o centro sociocultural do Castiñeiriño, de entre 14 e 18 anos e que previamente solicitaron a asistencia ao mesmo. Deu comezo o día 9 de decembro e seguirase realizando durante catro venres seguidos: o 16, o 23 e o 30 de decembro.

Os contidos do programa están encamiñados a desmitificar valores que, sendo prexudiciais, están integrados na sociedade, como a permisividade social cara as drogas, as crenzas favorábeis ao seu consumo ou as relacións na pandilla favorecedoras deste consumo.

Compartir: