ALCALDÍA

Asesores de empresas europeos reúnense en Santiago con motivo do Ano Santo

07/05/2010 A agrupación de asesorías de empresas europeas iusTime celebra en Santiago a súa Asemblea Xeral con motivo do Ano Santo. Os seus integrantes foron recibidos en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Nun tempo complicado coma o actual, iusTime quere contaxiarse da atmosfera de superación do Camiño de Santiago. Por iso, din, elixiron Compostela para a súa Asamblea Xeral Ordinaria de Socios. Neste encontro atópanse representadas as 56 asesorías que forman parte da agrupación, que asesoran a máis de 17.000 empresas que, á súa vez ocupan a 120.000 traballadores.

iusTime é unha agrupación de interese económico, sen ánimo de lucro, de asesorías de empresas de España, Francia, Italia e Portugal que, sen perder a súa autonomía, prestan servizos especializados de asesoramento e xestión xurídico-laboral, fiscal e mercantil a PEMES e empresas de todos os sectores económicos.

Compartir: