PROMOCIÓN ECONÓMICA

Os participantes no seminario WEED coinciden en que a crise agrava a situación de desigualdade da muller no entorno laboral

06/05/2010 Os 40 expertos europeos que participan no Seminario internacional do Proxecto WEED, que se celebra en Santiago, coinciden en afirmar que o contexto de crise económica no que nos atopamos agrava a situación de desigualdade da muller no entorno laboral e empresarial. Tamén coinciden en sinalar que se non se realiza un maior esforzo en políticas de igualdade, a situación da muller neste aspecto retrocederá a niveis de hai cinco anos.

No encontro, desenvolvido baixo o título "Promovendo empresas de economía social e un mellor emprego para as mulleres", participan expertos procedentes das nove cidades europeas socias do proxecto WEED: Celje, situada en Eslovenia, que é o socio principal; Alzira, en Valencia; Enna e Crotone, en Italia; Umea, en Suecia; Karvina, na República Checa; Amiens, en Francia; Skaarbeck, localizada en Bélxica, e Santiago de Compostela, a través da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Todos estes participantes foron recibidos en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

O obxectivo do encontro é analizar a situación actual das mulleres no emprego, na empresa e no desenvolvemento local, co obxectivo de establecer técnicas efectivas de formación, inserción e apoio á colocación, mellorando así as integración laboral do colectivo feminino.

Con esta finalidade deseñouse un programa para o xoves 7 un programa no que as cidades de Umea, Santiago de Compostela e Amiens, explicaron a súa experiencia; que se completou con relatorios sobre perspectivas europeas na promoción dun mellor emprego para as mulleres, as empresas de economía social, o axuste das diferenzas salariais e a utilización de fondos europeos para promover un mellor emprego para as mulleres.

Documentos relacionados



Compartir: