NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Correlingua abriu o Maio das Letras

03/05/2010 Un ano máis, a Concellería de Normalización Lingüística colaborou na organización da Correlingua, a carreira escolar pola lingua. Milleiros de escolares déronse cita na praza do Obradoiro para vivir alí unha festa de reivindicación do idioma tras percorrer a pé as rúas do casco histórico de Compostela.

Correlingua foi a primeira das actividades previstas no programa Maio das Letras, co que se conmemora o Día das Letras Galegas (17 de maio), dedicado nesta edición ao poeta Uxío Novoneyra. O seguinte evento será o venres 7, ás 22:00 horas, no Pub As dúas, co primeiro dos catro recitais de poesía previstos en locais nocturnos da cidade.

Direcciones relacionadas



Compartir: