ALCALDÍA

Reunión do alcalde coa directiva da Asociación de Periodistas de Santiago

28/04/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi a directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC), encabezada polo seu presidente, Luis Menéndez.

Os representantes da APSC explicáronlle ao alcalde os principais proxectos da Asociación, para os cales lle solicitaron a colaboración municipal, entre eles, a segunda edición do Premio Raimundo García Domínguez, "Borobó".

Compartir: