EDUCACIÓN

Os gañadores composteláns do programa didáctico "Coñecer as Cidades Patrimonio" viaxan a Córdoba e Segovia

23/04/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, recibiron en Raxoi os gañadores os alumnos composteláns gañadores da novena edición do Programa Coñecer as Cidades Patrimonio, pertencentes ao IES de Sar. Estes escolares partirán o luns 26 cara Córdoba, onde participarán no certame final do programa e, posteriormente, cara Segovia, a cidade sobre a que realizaron o traballo.

Os alumnos e alumnas de 4º da ESO do IES de Sar gañaron esta edición co traballo denominado Segovia, tras as reixas dos que foron mud@s, dirixido pola profesora Carmen Alvariño Alejandro. O xurado valorou o traballo en conxunto, a colaboración interdisciplinar entre diferentes materias como ciencias sociais, música ou plástica e a profundidade coa que abordan as etapas históricas. Outros aspectos destacados son o diálogo interxeracional que formula, o emprego de tecnoloxías da información, a relevancia do papel da muller e a orixinalidade do traballo.

Salientan tamén outros aspectos presentes neste traballo, que resultaron decisivos para a valoración da proposta: o diálogo interxeracional, o emprego das tecnoloxías da información, a relevancia do papel da muller e a orixinalidade do traballo.

O luns 26 de abril, sairá o grupo gañador con destino a Córdoba, onde cada grupo de cada cidade patrimonio seleccionado, exporá o seu traballo e as conclusións do mesmo e participará nun programa de actividades lúdicas, educativas e culturais durante catro días. A continuación partirán para Segovia para coñecer in situ os lugares da cidade sobre a que fixeron o traballo.

Coñecer as Cidades Patrimonio
O Programa Coñecer as Cidades Patrimonio é convocado pola Comisión de Educación da Asociación Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, no que participa a cidade de Santiago de Compostela, a través da Concellería de Educación. Está constituída polas cidades de Mérida, San Cristobal de La Laguna, Salamanca, Toledo, Segovia, Tarragona, Eivissa, Cuenca, Santiago de Compostela, Córdoba, Alcalá de Henares, Cáceres, Ávila.

O obxectivo principal deste programa educativo, no que participan estudantes de ESO das 13 cidades patrimonio, é que os rapaces e rapaces coñezan máis polo miúdo os segredos que agochan estas urbes.

Cada ano unha delas é a cidade organizadora, neste caso Córdoba, mentres que as outras se agrupan en parellas para que os rapaces de cada unha delas realice un traballo sobre a outra. Despois de arduos meses de investigación, os alumnos/as obteñen como premio unha viaxe á urbe sobre a que traballaron e tamén á cidade organizadora. Nesta edición os traballos versaron sobre o espazo urbano e a memoria social.

Compartir: