DEPORTES

Uns 50 ciclistas xuvenís participarán no Trofeo Sponsor 25 Aniversario Muebles Compostela

21/04/2010 O domingo 25 de abril, a partir das 9:30 horas, celebrarase nun circuíto na Alameda o Trofeo Sponsor 25 Aniversario Muebles Compostela. Uns 50 ciclistas participarán nesta proba, a segunda da temporada na categoría xuvenil.

O concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, e o presidente da entidade organizadora, Nemesio López, presentaron esta proba ciclista, dividida en dúas mangas. A primeira será a de fondo e os ciclistas darán vinte voltas ao circuíto da proba. A segunda parte será unha carreira de eliminación na que se eliminarán dous ciclistas por volta ata que queden dez ciclistas. A partir dese momento elimínase un ciclista por volta ata ter ao vencedor da manga. Da suma dos puntos obtidos nas dúas probas sairá a clasificación final definitiva.

Compartir: