CIDADE HISTÓRICA

O Alcalde expón en París o modelo rehabilitador e dinamizador urbano do casco histórico.

15/03/2005 O Alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, participa o venres 18 de abril no foro de "Políticas públicas urbanas e dereito da cidade", auspiciado pola Unesco.

O Alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participará en París este venres, 18 de marzo, no foro "Políticas públicas urbanas y derecho de la ciudad", que organiza a axencia Hábitat para a rehabilitación e xestión do Patrimonio Histórico e que está auspiciada pola Unesco.

Sánchez Bugallo acude a esta reunión internacional para expoñer o caso de Santiago de Compostela, que está recoñecida internacionalmente como "modelo e exemplo" das políticas de rehabilitación, conservación e xestión aplicadas no seu casco histórico.

As políticas aplicadas na súa zona vella valéronlle ademais numerosas distincións e premios, entre as que destacan o Hábitat de boas prácticas rehabilitadoras concedido no 2002 polas Nacións Unidas ou a de cidade Patrimonio da Humanidade, concedido en 1985 pola UNESCO.

Revitalización do casco histórico
"A revitalización urbana da cidade histórica de Santiago de Compostela" é o título da conferencia que pronunciará Sánchez Bugallo, na mesa redonda adicada a "Políticas públicas urbanas e cohesión social". Neste foro intervirán tamén os alcaldes de París, Bertrand Delanoe; Montreal, Pierre Tremblay; o responsábel e director das políticas de Igualdade do concello de Londres, Lee Jasper; e o director xeral da Unión de Autoridades Locais de Israel, Avi Rabinovitch.

Ademais dos alcaldes e representantes municipais, nesta xornada falarán responsables da Unesco e catedráticos de distintas universidades, expertos en Planificación e Desenvolvemento urbano, que abordarán os recursos e a elaboración das políticas públicas urbanas.

Compartir: