ALCALDÍA

Os asociados da ONCE en Galicia peregrinarán en setembro a Compostela

21/04/2010 A presidenta do Consello Territorial da ONCE Galicia, Dolores Venancio Vilaboy, foi recibida en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.

Nesta reunión, na que tamén participou a concelleira de Benestar Social, Mar Martín, a representante da ONCE Galicia explicoulle ao alcalde os detalles da peregrinación que os asociados desta entidade realizarán a Santiago no mes de setembro.

Compartir: